O Libro

A Viva Voz!

Ola faladoriñas e faladoriños!

A voz no ser humano é coma un perfume nun, cada un de arrecendo especial. Moitos ingredientes e en distintas proporcións fan que cadaquén sexa único.

Decidín resumir uns conselliños básicos e que Fonso Barreiro os ilustrara para a mellora das capacidades técnicas da voz.

A voz é unha ferramenta do traballo artístico de actores e cantantes e tamén do esforzo profesional de locutores de radio, teleoperadores, políticos, sacerdotes, adestradores, guías turísticos ou vendedores..

Os Autores

Isabel Pichel

Isabel Pichel, comezou en Radio Boqueixón, onde coñeceu o mundo da comunicación e publicidade. En Radio Estrada, descubriu que a súa paixón pola voz sería amor para toda a vida. Na Radio Galega botou máis dunha ducia de anos participando na dirección, producción e locución de programas e anuncios publicitarios. Así esta moza universitaria que cursaba Ciencias Químicas en Compostela mudou o rumbo cara a Socioloxía, sendo lincenciada pola UNED. Ten realizado o curso de “Experto en lingua oral para os medios de comunicación” da USC-CRTVG e tamén un curso de verán de publicidade. Fixo un curso de dobraxe impartido polo actor Luis Iglesia e outro de locución radiofónica impartido pola logopeda Marta Pinillos, ambos do Consorcio audiovisual de Galicia. Ten feito un curso de publicidade radiofónica da EMUGA, impartido por Arturo Merayo, recibiu clases particulares de modulación de voz do locutor Ramón Puente, e de respiración oriental da soprano nipona Makiko Kitago. Realizou os niveis I e II de Estill Voice Sistem, con Helen Rowson.

Desde 2013, fórmase como vocal coach a través do Master de coaching “Expertice para o talento”coa certificación ICF e Identia c&f e tamén do programa mundial desenvolvido por Tom Burke e Robert Sussuma dende NYC; Holistic Vocologist Training, HoVo.

Ten impartido os módulos de “publicidade” e “entrevistas” no curso de locutor de radio de Radio Estrada. Participou na Conferencia Internacional sobre a Tradición Oral, Oralities, Ourense expoñendo a importancia cultural e social sobre a calidade da voz (2010) e presentou na universidade de Harvard o concepto de Voz Sociocultural no marco do VI Estill Voice World Simposium (2013).

Forma parte do primeiro grupo mundial Holistic Vocologist Training que dirixen Tom Burke e Robert Sussuma desde NYC. É socia e colaboradora da AECAT

Fonso Barreiro

Fonso Barreiro, fai barcos sobre o papel pois noutrora tenos feito traballando como enxeñeiro técnico naval. Fórmase como ilustrador e historietista na Escola Profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, dirixida por Kiko da Silva.

Ten publicados coma debuxante:

A Banda de Moebius, Retranca Ed. 2013

Oink!, Ed. Agalip, 2013

A Vila dos debuxantes do norte, Retranca Ed. 2014

Contacto

Se desexas mercar unha copia de A Viva Voz! ou facer algunha outra consulta, podes contactar con nós mediante o seguinte formulario:

En todo momento respectarase o que sinala a Lei de Protección de Datos -Lei Orgánica 15/1999, do 13/XII, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Real Decreto 994/1999, do 11/VI, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal-.